AS CONTAS CLARAS: XANEIRO-FEBREIRO-MARZAL 2010

En primeiro lugar, queremos agradecer tódalas aportacións coas que vós contribuides ó mantemento deste noso e voso refuxio de cans abandonados de Ponteareas, tendo en conta que, aínda que neste apartado só se verán reflexadas as aportacións monetarias, sodes moitos os que nos remitides donativos en forma de materiais, pienso, traballo,…, ou simplemente colaborando co voso interese na nosa labor e na sua difusión.

Para entender correctamente o que se explica a continuación, teremos en conta que os gastos monetarios máis importantes do refuxio, como son a comida (fundamentalmente pienso), e os custes veterinarios, corren a cargo da Asociación Protectora Sen Fronteiras, da que somos parte, polo que esta información se refire ós custes diarios do mantemento dos nosos 156 compañeiros (a dia 31 de Marzal).

Polo tanto, comezamos esta nova etapa de contas claras, coa intención de achegar transparencia a tódolos que colaborades connosco. Deste xeito, tedes o dereito e a obriga de contactar connosco para aclarar calqueira dúbida que vos poida surxir ó respecto, a traves das canles habituais de difusión.

E preciso que cando ingresedes calquera aportación a través da nosa conta bancaria en La Caixa, fagades consta-lo voso nome; en caso contrario estes donativos reflexarán como anónimos.

Esta vez, e por se-la primeira, imos expoñe-las dos 3 primeiros meses deste ano 2010, que de aquí en diante se publicarán ó rematar cada mes.

CONTAS XANEIRO – FEBREIRO – MARZAL 2010

Concluímos informando que grazas a todos vós, durante este mes de Abril, poderemos por fin adquiri-la caseta que tanto necesitamos para mante-lo pienso ben gardado das inclemencias do tempo, roedores e demáis. Tamén comezaremo-las obras dunha pequena instalación eléctrica que nos proporcionara luz dentro do refuxio (de grande importancia para nós).

E para concluir, imos expoñe-los seguintes datos estadísticos do 2010 (a día 31 de Marzal), que quizáis axuden a comprender mellor a nosa situación actual,

  • 13 cans son adoptados de media cada mes do noso refuxio
  • 18 cans novos entran de media cada mes no refuxio
  • 21.62 € necesitamos cada día
  • 35.74 € aportades cada día

MIL GRAZAS A TODOS !!

   David

(voluntario contable)

 
Anuncios

~ por ponteareasanimal en 22 abril 2010.

3 comentarios to “AS CONTAS CLARAS: XANEIRO-FEBREIRO-MARZAL 2010”

  1. estan claras pero no del todo….

    solo pone medicamentos, transporte y telefono…

    y el pienso de los animales como se paga…. yo creo que todavia hay mas gasto!!!

  2. Lo del pienso no lo pone en el archivo adjunto, pero si en la explicación, copio-pego:
    “Para entender correctamente o que se explica a continuación, teremos en conta que os gastos monetarios máis importantes do refuxio, como son a comida (fundamentalmente pienso), e os custes veterinarios, corren a cargo da Asociación Protectora Sen Fronteiras, da que somos parte, polo que esta información se refire ós custes diarios do mantemento dos nosos 156 compañeiros (a dia 31 de Marzal)”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: