LAS CUENTAS CLARAS

En primeiro lugar, queremos agradecer tódalas aportacións coas que vós contribuides ó mantemento deste noso e voso refuxio de cans abandonados de Ponteareas, tendo en conta que, aínda que neste apartado só se verán reflexadas as aportacións monetarias, sodes moitos os que nos remitides donativos en forma de materiais, pienso, traballo,…, ou simplemente colaborando co voso interese na nosa labor e na sua difusión.

Para entender correctamente o que se explica a continuación, teremos en conta que os gastos monetarios máis importantes do refuxio, como son a comida (fundamentalmente pienso), e os custes veterinarios, corren a cargo da Asociación Protectora Sen Fronteiras*, polo que esta información se refire ós custes diarios do mantemento dos nosos 156 compañeiros (a dia 31 de Marzal).

(*VER NOTA ACTUALIZADA MÁS ABAJO)

Polo tanto, comezamos esta nova etapa de contas claras, coa intención de achegar transparencia a tódolos que colaborades connosco. Deste xeito, tedes o dereito e a obriga de contactar connosco para aclarar calqueira dúbida que vos poida surxir ó respecto, a traves das canles habituais de difusión.

E preciso que cando ingresedes calquera aportación a través da nosa conta bancaria en La Caixa, fagades consta-lo voso nome; en caso contrario estes donativos reflexarán como anónimos.

MIL GRAZAS A TODOS !!

David

(voluntario contable)

NOTA ACTUALIZADA:

Desde o mes de Maio de 2010 a Asociación Sen Fronteiras desenténdese de facerse cargo dos costes do pienso do Refuxio de Ponteareas, polo que pasa a estar a cargo tamén dos voluntarios.

Desde finales de ano do 2010, a Asociación Sen Fronteiras deixa tamén de sufragar os custos veterinarios do Refuxio de Ponteareas, polo que pasa a estar a cargo dos voluntarios

CONTAS XANEIRO-FEBREIRO-MARZAL 2010

CONTAS ABRIL 2010 

CONTAS MAIO 2010

CONTAS XUÑO 2010

CONTAS XULLO 2010

CONTAS AGOSTO E SETEMBRO 2010

CONTAS OUTUBRO 2010

CONTAS NOVEMBRO 2010

CONTAS NADAL 2010


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: